stars

xoves, 7 de decembro de 2017

Carreira de Cee 2017

Un ano máis, o CPI Alcalde Xosé Pichel participou na Carreira de Cee. Pero para os nenos e nenas de terceiro foi a primeira vez! Cantos nervios, esforzo e emocións!


Tamén algún de nós aparece nas fotos tomadas polo fotógrafo de La Voz de Galicia. Podedes velas aquí.

sábado, 2 de decembro de 2017

Día Contra a Violencia de Xénero

Para conmemorar o día contra a Violencia de Xénero, a biblioteca do noso centro propuxo que cada aula lle lese aos compañeiros un conto relacionado coa temática. Nós preparamos "O libro dos Porcos" e pasándolo moi ben interpretándoo. 
O luns, contámosllo aos nenos e nenas de Educación Infantil de tres anos. Fixémolo moi ben, aínda que no vídeo, sobretodo ao principio, o son non é moi bo. O mércores, fixemos un segundo pase para os compañeiros de cuarto, e á vez, tivemos o pracer de escoitar os contos que eles prepararon. 


Merenda do outono

O xoves da semana pasada, estivemos cociñando para preparar unhas riquísimas receitas con ingredientes especiais do outono. En terceiro, optamos por coller mandarinas e caquis e bañalos en chocolate. 
Ao día seguinte, toucounos probar as nosas creacións, pero tamén as do resto de compañeiros que se esforzaron en realizar tartas, biscoitos, caracolas, etc. Que rico!
















A comer!














luns, 20 de novembro de 2017

A Maleta

Canto aprendemos sobre os nosos compañeros coa actividade "A Maleta"! 
Cada neno tiña que traer tres obxectos elexidos entre as súas pertenencias. Tres obxectos especiais para el, que o definen ou polo que sinten apego por algunha razón. Despois, tiñan que ensinarllos aos seus compañeriros, presentar eses obxectos e explicar por que os elexiron. 
A pesca, o fútbol, as manualidades, a lectura, ... houbo moitos temas recurrentes que nos demostraron que temos moitos puntos en común os uns cos outros. Vaia sorpresa!