stars

domingo, 11 de xuño de 2017

Revista asubíos nº54

Velaquí a revista Asubíos deste curso. Nela aparecen as principais actividades deste curso no CPI Alcalde Xosé Pichel. Esperamos que vos guste.


Revista Asubios Nº 54

Homenaxe a Gloria Fuertes


Fai xa unhas semanas que nos propuxemos homenaxear a Gloria Fuertes polo seu centenario. Para iso, cada clase do colexio aprendeu unha obra da autora e grabouna. A nosa clase elixiu varias adiviñas e tamén foi a encargada de presentar o programa. Cada un tomou moi en serio o seu papel e comportouse coma un verdadeiro profesional.

Adiviñas de Gloria Fuertes



Programa completo (con todas as clases e coas presentacións feitas polos nosos nenos)



domingo, 4 de xuño de 2017

Verdistanco

Por fin o xoves chegou a nosa invitada sorpresa, e que sorpresa!
Na biblioteca, esperábanos Sonia, a nai de Xulio e Aldán, cuxa creatividade nos asombrou a todos. Para nós, creou e editou un conto fabuloso, no que todos eramos protagonistas: Verdistanco. Viña acompañada de Isabel xa que Sonia dedicou a súa obra a Asunción Antelo.
Entre as dúas, e coa proxección das ilustracións feitas por Orelí Pello, ilustradora e amiga de Sonia, contaron as aventuras deste fermosos lugar chamado Verdistanco, ante a abraiada mirada de alumnado e profesorado.
Moitísimas gracias a Sonia, polo tempo e esforzo adicado a este proxecto. Foi toda unha sorpresa, quedou espectacular e conseguiu emocionarnos a todos!

Velaquí un cachiño da sesión. Se queredes coñecer todo o conto, haberá que ir á biblioteca xa que Sonia tivo a amabilidade de agasallarnos con exemplares do mesmo.

venres, 26 de maio de 2017

Ponlle as pilas ao teu bocata e algunha cousiña máis...

Estamos entrando na recta final do curso, e xa non da tempo a facer moitas cousas das que nos gustaría, como seguir publicando no blog con frecuencia.

A semana pasada, púxose en marcha no noso centro a campaña da Consellería de Educación "Ponlle as pilas ao teu bocata" para fomentar o consumo de produtos do mar en conserva. Disfrutamos moito, sobretodo da segunda parte da sesión...




Esta semana recollemos por fin os primeiros froitos do noso invernadoiro: unhas leitugas que levamos ao comedor e que xa degustamos o martes na ensalada.





Estes días tamén estivemos traballando as simetrías en matemáticas. E démonos conta de que non é tan doado como parece!



Para a semana que vén, temos varias sorpresas: estivemos practicando para sermos locutores de radio e veremos que tal quedou o noso traballo, entregaránse os premios do Concello polo concurso das Letras Galegas e recibiremos unha visita moi especial na biblioteca. Quen será?

Tamén, se fai bo tempo, por fin poderemos celebrar o Día da Familia o venres. Estamos impacientes por comezar!

domingo, 14 de maio de 2017

Excursión a Marcelle

O xoves desprazámonos ao zoo de Marcelle. A pesar do tempo, a visita non defraudou: moitos animais, unha reserva con animais en semiliberdade e monitores estupendos. Os nenos portáronse de marabilla e desfrutaron moito. Seguro que algún quere repetir.





sábado, 13 de maio de 2017

Servando da Biblioteca Asunción Antelo

Que ben o pasamos a semana pasada coa visita de Servando!
Comenzou contándonos a vida de Carlos Casares, o escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas e mesmo nos leu algún texto do autor.
Rematamos a sesión cantando e escoitando a Servando co seu acordeón, actividades que foron verdadeiras "bombas de felicidade", como diría Carlos Casares.




domingo, 30 de abril de 2017

Día do libro 2017

Este mes de maio está a ser moi intenso en conmemoracións e celebracións. Tras o Día da Bicicleta o martes, o xoves celebramos o Día do libro.
Na hora do plan lector, tocounos, xunto cos nosos compañeiros de 4ºB, lerlle contos aos nenos de 2º. Cal foi a nosa sorpresa cando vimos que eran eles os que tiñan un libro preparado para lérnolo a nós! Despois, intercambiamos os papeis, pero foi moi agradable ser oíntes de tan aplicados lectores. Grazas!